A continuación recompilamos as normativas que afectan os vehículos de mobilidade persoal (VMP):
Ordenanza municipal de Vigo
Folleto informativo sobre a ordenanza municipal (galego)
Folleto informativo sobre la ordenanza municipal (castellano)
Real Decreto 970/2020
Modifícanse o Regulamento Xeral de Circulación, aprobado por Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro e o Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado por Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, en materia de medidas urbanas de tráfico (BOE-A-2020-13969):
Ver Real Decreto 970/2020 na páxina do BOE.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
Derróganse cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste real decreto.
Isto significa que a instrución VMP 2019-S-149 non se derrogou completamente.
Regulamento (UE) nº 168/2013 do Parlamento Europeo e do Consello
Do 15 de xaneiro de 2013, relativo á homologación dos vehículos de dúas ou tres rodas e os cuatriciclos, e á vixilancia do mercado dos ditos vehículos.
Ver Regulamento 168/2013 na páxina do BOE
Nota: Hai dous tipos de normativas europeas: As Directivas e os Regulamentos.
As Directivas son normativas que teñen que ser transpostas por cada Estado Membro (é dicir, incorporadas ás lexislacións nacionais de cada Estado).
Os Regulamentos, polo contrario, son de aplicación directa e o seu cumprimento é obrigatorio en toda a UE dende a súa entrada en vigor.
Polo tanto, o Regulamento (UE) 168/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2013, é directamente aplicable en España, prevalecendo fronte a calquera normativa nacional.
Resolución do 12 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Tráfico
Pola que se aproba o Manual de Características Técnicas dos vehículos de mobilidade persoal:
Ver Resolución da DGT na páxina do BOE.
Os Vehículos SEN certificación poderán:
- Circular e comercializarse ata o 22 de xaneiro de 2024.
- A partir do 22 de xaneiro de 2024 poderán circular pero non comercializarse.
- A partir do 23 de xaneiro de 2027 xa non poderán circular.