Asociación de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal de Vigo

Somos unha asociación sen ánimo de lucro da cidade de Vigo que fomenta a mobilidade eléctrica e sostible como alternativa aos medios de transporte tradicionais.

CAMPAÑA "OS TEUS DEREITOS E DEBERES NO USO DE VMP EN VIGO"

Nova campaña da Asociación Vigo VMP, na que sinalamos os dereitos e deberes das persoas usuarias de VMP na cidade de Vigo, con especial atención ás fontes legais (instrucións, reais decretos, ordenanza...) de onde se extrae a información, o que converte este flyer nun documento de suma importancia á hora de coñecer os teus dereitos e os teus deberes. Tamén podes acceder á nosa primeira campaña informativa na sección Normativas.

DESCARGA O FLYER DA CAMPAÑA

Os/As usuarios/as de vehículos de Mobilidade Persoal

72 %

Usan menos o coche (condutor ou pasaxeiro)

  • Usan nunca ou case nunca para ir traballar
  • Usan habitualmente ou sempre para ir traballar

Defendemos os dereitos e intereses das persoas usuarias de VMP de Vigo

Promover as boas prácticas e o uso responsable de VMP na nosa cidade, con especial atención á mocidade.

Axudar, informar e asesorar

Axudar, informar e asesorar

Axudar, informar e asesorar as persoas que decidan usar este medio de transporte sobre a normativa, os seus dereitos e obrigas, e outros ámbitos do seu interese.

Formación, seguridade e respecto

Formación, seguridade e respecto

Promover a formación, a seguridade, a prevención e o respecto polas persoas, o fomento da cultura e a lingua, así como o fomento dun modelo máis sostible de mobilidade.

Se queres coñecernos, achégate

Nesta asociación reivindicamos, entre outras cousas, a convivencia respectuosa dos distintos modos de transporte e o reparto xusto e non discriminatorio do espazo público na nosa cidade.

  • Evitar a caducidade programada de moitos VMP.
  • Promover a redución de emisións contaminantes.
  • Promover as boas prácticas e o uso responsable de VMP.
  • Defender os dereitos e intereses das persoas usuarias.
  • Axudar, informar e asesorar.
  • Servir de plataforma de intercambio de ideas.

Móvete en VMP con seguridade

  • Non poden ir dúas persoas no patinete.
  • Aparca en sitios destinados para VMP.
  • Respecta os sinais de Stop, os semáforos e os pasos de peóns.
  • Lembra: o casco pode salvarche a vida.
  • Circula coas luces acendidas sempre.
  • Está prohibido circular usando auriculares.